Hoxe pola mañá, Alberto Conde concelleiro de cultura, Ernesto e máis Juan Seara, técnico de museos do Concello de Allariz presentaban a Xornada do Coiro 2021.

No ano 2016 os artesáns ao fronte do Museo do Coiro “Familia Nogueiras”, Miriam e Ernesto, organizaron coa colaboración do Concello de Allariz as Primeiras Xornadas entorno o oficio do coiro.

Como consecuencia das medidas sanitarias no ano 2020 non se puido realizar, polo que este ano 2021 seguindo as medidas sanitarias realizaremos unha xornada para que a idea inicial do ano 2016 poida ter unha continuidade e que no 2022 voltamos a poder organizar dende o Museo e o Concello unha novas xornadas con obradoiros, cursos, exposicións…

As xornadas de este ano comezarán o sábado 26 de xuño ás 10.00h da maña con unha ruta interpretativa sobre a importancia da curtición en Allariz, así a través de un percorrido que se iniciará na propia Fabrica de Curtidos iremos visitando distintos lugares da vila que son o vestixio de esa actividade tan importante en  Allariz e como a través das fontes conservadas, documentación, restos materiais… podemos seguir conservando.

Ás 11.30h Javier H. Rodriguez estudante do Máster Universitario en Periodismo y Comunicación: Nuevas Tendencias en Producción, Gestión y Difusión del Conocimiento que nos ven a presentar o que foi o seu traballo de fin de máster “Vidas Liquidas”, o proxecto localízase na contorna do Río Sarela ao seu paso por Santiago de Compostela e pretende contar a historia da transformación que sufriron as vidas das persoas asentadas na ribeira: oficios, lecer, vida familiar, medio natural e no que a Fabrica de Curtidos e o Muiño de Casca da Torre Lombarda son protagonistas de dito traballo.

Ás 12.30h Claudio Otero presentara o libro da súa autoría “A industria galega dos curtumes”, onda Allariz ten unha presenza importante.

Xa pola tarde ás 16.30h. Se realizará unha intervención colectiva, mediante unha invitación que dende o obradoiro do Museo do Coiro ten feito a distintos artesáns para que aporten a súa colaboración na realización.

E por último a inauguración da exposición de Luis Rioja procedente de Burgos ás 20.00h