A semana pasada,  os operarios da brigada de obras municipal, comezaban a remodelación do Xardín de San Isidro.

Os traballos consistirán no acondicionamento da zona verde e o cambio do pavimento actual por sábrego tratado. Así mesmo tamén se acometerán cambios nas luminarias e do mobiliario. Asemade aproveitarase a obra para facer unha reordenación da zona de contedores e limpeza.

Esta zona verde de Allariz, está situada a entrada da Alameda e enfronte a Oficina de Información Turística. A zona contén varios elementos patrimoniais integrados no espazo como son a fonte de San Isidro, o cruceiro e un curioso lavadoiro de forma circular.

A obra está cofinanciada polo Concello de Allariz e a Axencia de Turismo de Galicia cunha axuda de 30.000€.