A área de promoción económica do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para artistas que desexen participar no programa cultural da Semana Santa ao Vivo 2019.

Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o Concello organiza unha proposta cultural, que conxuga arte, tradición e cultura. Entre o 18 e o 21 de abril, as rúas do Casco histórico de Allariz acollen a artistas de diferentes estilos musicais, para amenizar o paseo de veciñ@s e visitantes.

Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.

O prazo de inscrición para artistas estará aberto ata o día 28 de febreiro (incluído). Para participar é preciso enviar o formulario debidamente cumprimentado que poderán descargar na páxina web www.allariz.gal/xornal . A selección será comunicada ás persoas inscritas, a través de correo electrónico, o día 7 de marzo.

Máis información: Área de Promoción Económica do Concello de Allariz (dinamizacioneconomica@allariz.com –  988 442 210)

Bases Participación na Semana Santa ao Vivo 2019