A organización do III Festival Allariz Debuxado abre o prazo de inscrición, ata o 18 de xaneiro, para participar n na II Feira da Creación que se celebra na derradeira fin de semana de xaneiro.

O día 26 de xaneiro o Espazo BenComún acollerá, na praza da Torre Lombarda, unha feira de ilustración, deseño, edición e outras creatividades.

Para participar é preciso inscribirse no correo cesar.lorenzo@bencomun.gal facilitando os datos do expositor así como a descrición da actividade do posto solicitado.

 

Micropresentacións

Durante o III Festival Allariz Debuxado abrirase de novo a convocatoria para os creadores interesados en presentar o seu traballo. As micropresentacións terán lugar o sábado, 27 de xaneiro, ás 12h30, no Espazo BenComún de Allariz.

Para participar envía a túa solicitude a cesar.lorenzo@bencomun.gal co nome e dni da persoa participante, unha breve do proxecto que se quere presentar e documentos gráficos que definan a presentación.