O Fogar dos Maiores de Allariz abre o prazo para a inscrición nas actividades lúdico-formativas para o curso 2015-2016. Obradoiros de creatividade e manualidades, memoria, radio, estimulación cognitiva, canto coral e ximnasia terapéutica son as actividades que se desenvolverán na programación anual no Fogar dos Maiores.

As persoas interesadas poden anotarse, durante o mes de setembro, nas dependencias do Fogar dos Maiores, na Barreira, ou no teléfono 988 554 059.