O pleno municipal do pasado venres, 22 de marzo, aprobou as bases reguladoras para licitar a concesión do restaurante A Fábrica de Vilanova.

O obxecto deste concurso é a concesión do servizo de restaurante da Fábrica de Vilanova, incluído o mantemento das instalacións do inmoble. A explotación do servizo realizarase mediante a modalidade de concesión pola que o empresario xestionará o servizo ao seu propio risco e ventura.

As cláusulas administrativas do concurso por procedemento aberto e trámite ordinario vén d ser publicado no perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=495680&OR=354&ID=801&S=C&lang=gl