O Concello de Allariz, a través da súa area de Deportes, pon a disposición da cidadanía a lista de actividades deportivas para a tempada 2024/2025.

Como xa é habitual, no mes de setembro, ábrese o prazo de inscrición nas actividades deportivas para a tempada tanto para persoas adultas como para os máis pequenos e pequenas.

Os nenos e nenas contarán cunha unha ampla variedade de actividades deportivas nas que se inclúe o fútbol e baloncesto, así como piragüismo, natación e equitación. De cara outubro organizaranse as escolas pre-deportivas para os/as máis cativos/as.

No referente as escolas deportivas municipais de fútbol e baloncesto, os nenos e nenas interesados/as deberán informarse e inscribirse no club correspondente, fútbol no CD. Allariz, no Seixo,e para Baloncesto no Pavillón municipal a través do CB. Allariz. En canto a piragüismo será o Club Fluvial Allariz e a actividade de Equitación na Hípica de Allariz.

Como en anos anteriores no Complexo Deportivo de Vilanova impartiranse para persoas abonadas cursos de natación (iniciación e perfeccionamento para nenos/as e persoas adultas), aquagym, Ioga, pilates, zumba, Kung Fu, defensa persoal  e adestramento funcional para adultos.

Podes solicitar información ou facer a inscrición das actividades na Piscina Municipal, no teléfono 988 442 083 ou no correo piscina@allariz.gal.