Allariz organiza, un ano máis, a Festa dos Maios para o venres 3 de maio.  Ás 12:15h chegarán os maios ao Campo da Barreira onde tamén terá lugar o canto de coplas. O acto contará co acompañamento musical do grupo de gaitas do centro sociocomunitarios de Xinzo de Limia. A participación premiarase con subvencións de entre 30€ e 50€.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Casa da Cultura antes do 26 de abril.

Podes consultar aquí as bases para participar no concurso de coplas e maios.

BASES PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE MAIOS E COPLAS