A área de promoción económica do Concello de Allariz organiza anualmente o Mercado de Artesanía “Arte de Man” como medio de promoción, demostración e venda da artesanía local así como doutros/as artesáns/ás galegos/as e convidado/as. Celébrase o segundo domingo de setembro polo que este ano será o día 13.

O casco histórico de Allariz convértese de 11:00h a 20:00h en obradoiro de artesáns/as da cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira, entre outros. A xornada complétase con varias actividades que relacionadas cos oficios que participan no mercado.

Con motivo deste evento a organización publica as bases de participación e abre o prazo de inscrición , que será entre o 3 de xullo e o 24 de xullo de 2020 ámbolos dous inclusive, para aqueles/as artesáns/ás cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia.

Técnicas de promoción económica xunto con artesáns/ás de Allariz serán os/as encargados/as de seleccionar aos/ás participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dará prioridade á mostra do oficio en vivo durante a feira.

As/os artesáns/ás interesados/as en participar poden inscribirse a través da páxina www.allariz.gal/artedeman

Información: 988 442 210 – dinamizacioneconomica@allariz.com Centro de Promoción Económica de Allariz