A Área de Benestar Sociais do Concello de Allariz ven de abrir o prazo para a preinscricións da Aula de Espera 2020/2021 ata o 31 de agosto.

A aula de espera é una iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais dos/das escolares a posibilidade de deixalos no centro con anterioridade ao inicio das clases, onde ademais poderán almorzar e participar en actividades.

Este proxecto nace da necesidade que algunhas familias precisan para atenderen os seus fillos e fillas durante o período de tempo comprendido entre a incorporación ao seu traballo ata a entrada dos nenos e nenas ao colexio.

Este ano a viabilidade da actividade valorarase en función da evolución da situación sanitaria.

As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a preinscrición, a través do teléfono 988 554 059 do Fogar dos Maiores ou no correo fogardosmaiores@allariz.com.