Concello de Allariz, a través da área de promoción económica, organiza dende fai varios anos o Mercado de Artesanía “Arte de Man”. O evento pretende promover, achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros/as profesionais galegos/as convidados/as.

A data prevista para a edición de 2024, como ven sendo habitual o segundo domingo do mes de setembro, será o 8 de setembro.

Con motivo deste evento a organización publica as bases de participación e abre o prazo de inscrición para aqueles/as artesáns/ás cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia.

O prazo de inscrición comezará o martes 2 de xullo e estará aberto ata o 2 de agosto.

A inscrición debe formalizarse a través dunha instancia xeral na Sede Electrónica do Concello (https://allariz.sedelectronica.gal/info.0) ou nas dependencias municipais no rexistro.

As persoas organizadoras do evento serán os/as encargados/as de seleccionar aos/ás participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dará prioridade á mostra do oficio en vivo durante a feira.

Información: