O Concello de Allariz, no marco do convenio de colaboración suscrito co Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Madrid (INCISEX), organiza para o ano  2019, un curso de formación de Monitor/a de Educación Sexual.

A formación, cuxo obxectivo principal é analizar e afondar no feito sexual humano, desenvolverase entre os meses de febreiro e xuño, cun total de 40 horas presenciais e 10 horas on line. As clases terán lugar un sábado ao mes cun total de oito horas de sesión (2 de febreiro, 9 de marzo, 13 de abril, 4 de maio e 1 de xuño).

As persoas interesadas poden inscribirse no Fogar dos Maiores de Allariz, na área de Igualdade (igualdade@allariz.com; 988 554 059)