A aula de espera de Allariz abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2018-2019. A matrícula débese formalizar no Fogar dos Maiores de Allariz antes do día 31 de maio.

A Aula de espera é unha iniciativa que favorece a conciliación familiar e laboral
A aula de espera é una iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais traballadores a posibilidade de deixar aos escolares de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ao inicio das clases.

Os beneficiarios deste servizo municipal son os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade de 3 a 11 anos, que comprende o período escolar de 1º de educación infantil a 6º de educación primaria.

Información e inscricións: Fogar dos Maiores (Tlfno: 988 554 059)