O Concello de Allariz lembra que as actividades programadas para o Fogar das Maiores xa comezaron, como é habitual, a comezos de outubro. Esta oferta diríxese ás persoas maiores do municipio e abrangue unha ampla variedade de actividades para promover o seu benestar físico, mental e social durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2024.
O calendario de actividades, que xa está en marcha, inclúe:
- Baile: Mellora da mobilidade e desfrute en grupo.
- Ximnasia Terapéutica: Exercicios orientados á saúde física.
- Xadrez: Estimulación do pensamento lóxico e estratéxico.
- Radio: Obradoiros para aprender e participar en programas de radio.
- Canto: Para fortalecer a voz e gozar coa música.
- Arte e Creatividade: Fomento da expresión artística.
- Andainas: Pisando Camiños: Paseos ao aire libre para descubrir a contorna.
- Mergúllate Dixitalmente: Clases para mellorar as habilidades dixitais.
- Estimulación Cognitiva e Recuperación da Memoria Comunitaria: Exercicios para manter a axilidade mental e recuperar a memoria colectiva.
O Fogar das Maiores de Allariz segue sendo un espazo clave para o envellecemento activo, ofrecendo ás persoas maiores a oportunidade de participar en actividades que favorecen tanto o seu desenvolvemento persoal como a súa integración na comunidade.
Para aquelas persoas que aínda non se inscribiron, poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través do Fogar das Maiores/Servizos Sociais chamando ao 988 554 059 ou enviando un correo electrónico a fogardosmaiores@allariz.gal.