Adóptame AllarizA finais de 2014 dende a área de medio ambiente acordamos abrir á colaboración das veciñas e veciños de Allariz o coidado dos animais abandonados e/ou perdidos, para axudar a atopar aos propietarios, difundir e apoiar a adopción dos mesmos e mellorar a sociabilización dos mesmos. Esta é unha competencia municipal pola que o Concello de Allariz non recibe recursos de ninguna administración.

 

 

 

Adóptame AllarizDende o primeiro momento houbo un interés en participar desta proposta e, no que levamos de existencia, tense avanzado moito neses obxectivos, contando hoxe en día cun grupo de voluntarias e voluntarios estable, cunha páxina de facebook (Adóptame Allariz) e cunha clínica veterinaria asociada que colabora na identificación dos animais e no seu coidado sanitario e alimenticio.

Vivimos nunha sociedade pouco responsable cos animais e aínda que por lei os animais domésticos deben estar identificados, eso aínda está moi lonxe de cumplirse e o abandono sigue producíndose. Hai un camiño moi longo que andar; consideramos que a sociedade é máis sensible e no futuro non deberían ser necesarios refuxios de cans abandonados, ao igual que pasa en países do norte de europa.

Ata que ese día chegue, a labor de Adóptame Allariz será atender aos animais perdidos e abandonados, traballar en mellorar as condicicións de benestar animal e educativas,  en que se cumpra a lei de identificación animal e sobre todo concienciar das vantaxes de convivir cun can ou gato e os perxuizos de abandonar un animal.