A iniciativa da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, chega este sábado 22 de maio a Allariz, co proxecto Alfombra para o Camiño.

A vila alaricana foi a escollida como representante do “Camiño da Prata” e  acollerá na xornada do sábado a confección dun manto floral na Praza de Abaixo.

Nesta ocasión a alfombra que se vai a realizar en Allariz será unha reprodución do rosetón da Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, pola que tamén transcorre a Vía da Prata.

Para a confección desta reprodución trasladaranse a Allariz alfombristas de Ponteareas e doutras localidades.