Despoís da parentese propiciada pola Covid-19 as infraestructuras turísticas do concello de Allariz retoman pouco a pouco a actividade.

A oficina de Turismo abrirá ó público o venres 12 de xuño. Este punto de información turística situado na alameda ,reabre as súas portas con todas as medidas de seguridade e con un plan de continxencia especifico contra a covid-19.

A atención ó visitante relizarase cun 50% do aforo e as medidas de protección que inclue o protocolo, tales coma; felpudo de desinfección de calzado,limpeza de mans con  hidroxel,uso de máscara e de manparas protectoras así coma mantemento da distancia de seguridade.

Procedeuse a eliminación da zona de autoservizo de folletos turísticos para evitar a súa manipulación. A información facilitarase mediante o uso dunha pantalla central fronte o visitante para que poda visualizar as explicacións de rutas,lugares de interese, monumentos  e actualidade do concello.

Fomentarase o uso de canles dixitais para facilitar a información ós turistas,mediante o uso de documentos en formato electronico  e  de códigos Qr para a descarga de guías, audios e folletos do destino Allariz.