A Área de Benestar Sociais do Concello de Allariz ven de abrir o prazo para a preinscricións do Concilia Verán 2020.

O Concilia Verán é unha iniciativa lúdica de atención á infancia, que ofrece aos pais e nais, residentes en Allariz, a posibilidade de que os seus fillos e fillas, nados entre 2010 e 2016, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán sendas actividades.

Este ano a viabilidade da actividade valorarase en función da situación sanitaria, avanzaba a Concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa.

As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a preinscrición, a través do teléfono 988 554 059 do Fogar dos Maiores ou no correo fogardosmaiores@allariz.com.