A Área de Benestar Sociais do Concello de Allariz ven de abrir o prazo para solicitar o servizo de Concilia Verán 2021.
O Concilia Verán é unha iniciativa lúdica de atención á infancia, que ofrece aos pais e nais, residentes en Allariz, a posibilidade de que os seus fillos e fillas, nados entre 2011 e 2017, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán sendas actividades.
As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica no correo fogardosmaiores@allariz.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitario-Fogar dos Maiores do Concello de Allariz.
O prazo de presentación das solicitudes será do 24 de maio ao 15 de xuño, ámbolos dous incluídos. Para máis información ou calquera consulta poderás chamar ao 988 554 059.