O Concello de Allariz organiza, por segundo ano consecutivo, a OCR Vila de Allariz “Carreira de Obstáculos”, unha proba deportiva de resistencia que terá lugar o 5de marzo en Allariz.
Helena Suárez, concelleira de Deportes, presentaba esta mañá, xunto cos técnicos directores da proba, as novidades desta proba deportiva que “na actualidade está a ter moita relevancia e que gozou dun gran éxito o ano pasado”.
A carreira percorrerá 12 km con saída no Campo da Barreira e chegada ao Campo de Vilanova pasando por Roimelo, San Salvador e Xugueiros. O percorrido, convintemente sinalizado, dispón dunha vintena de obstáculos que os participantes deberán sortear para poder finalizar a proba.
No percorrido haberá varios puntos de avituallamento. E ó rematar a proba, a organización fará entrega de medallas a todos os finalistas e trofeos aos gañadores de cada categoría.
A entrega de dorsais realizarase de 10:00h a 13:00h no Complexo deportivo de VilanovaA saída da proba está prevista para as 15:30h repartidas en quendas de 100 participantes.
Poderán participar na OCR VILA DE ALLARIZ as persoas maiores de 18 anos con boa capacidade física. É preciso inscribirse en:
As prazas están limitadas a 500.