Allariz acolle a III Xornada técnica de produción gandeira ecolóxica

Durante o día de hoxe celebrarase en Allariz, no Fogar dos Maiores, a terceira Xornada de produción gandeira ecolóxica, que nesta ocasión tratará sobre os retos na comercialización para as ganderías de carne ecolóxica.

A xornada, organizada pola cooperativa agrogandeira asturiana Campostur e a súa marca de Ecofeed,  será inaugurada pola Alcaldesa, Cristina Cid, e o concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela, e nela participarán, ademais, representante de Carrefour España, Xunta de Galicia, membros de ganderías ecolóxicas de Galicia e o responsable técnico da empresa Gav-Allfeed.

Á reunión están convocados gandeiros de Galicia , Asturias e Castela León, con interese na produción de carne en ecolóxico.

 

Programa:

-11:00 horas. Presentación da Xornada: Cristina Cid, alcaldesa do Concello de Allariz e Javier Fernández, director técnico de Campoastur

-“Protocolos fitoterápicos en gandarías extensivas”. Jordi Tost, responsable técnico de Allfeed.

-“Perspectivas da comercialización de carne ecolóxica”. Ramón Lamelo, xefe da área de Promoción da calidade agroalimentaria da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL-Xunta de Galicia).

-“Os produtos ecolóxicos na distribución”. César López Sánchez, director de Relacións institucionais de Carrefour Asturias e Francisco Piqueras, director de carnicería de Carrefour España

-Mesa redonda: “Retos na comercialización para as gandarías ecolóxicas de carne”,cos relatorios sobre experiencias comerciais de produtores de gandarías ecolóxicas:

José Luís Vaz, de VerínBiocoop (comercializadora de gandarías asociadas de vacún, ovino e caprino), Luís Ceide, de Ovica – Pastores de Galicia (ovino-caprino), José Blanco, de Gandaría Cimadevila (gandaría de vacún vianesa), Luís Rodríguez, de Chotoiba (gandaría de vacún, con sala de despezamento). Moderador: Rafael Pardo de Andrade, do servizo técnico de Ecofeed en Galicia

2019-01-28T11:59:50+00:00jueves, 24/01/2019|ACTUAIS, MEDIO AMBIENTE, NOVAS ALLARIZ|
X