Allariz acolle este domingo a primeira edición da Feira do Libro Novo e Vello, organizada polo Concello xunto coa Editorial Aira e o espazo coworking BenComún Espazo co obxectivo, segundo explicaba César Lorenzo, “encher de contido a idea de Allariz como capital cultural do interior”.

Na Feira, o domingo de 11:00h a 22:00h, participarán cinco librerías especializadas de cómica, banda deseñada, ilustración, poesía e libro infantil e xuvenil, ademais doutras seis que venderán volumes de segunda man.

Ademais, durante a xornada, terán lugar sendas presentacións de libros e varios obradoiros de Espacio Matrioska.