Allariz acollerá, o vindeiro 23 de novembro, a cuarta edición das Xornadas de convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

O evento, que o ano pasado congregou a máis de 400 voluntarios/as, terá un carácter lúdico e formativo co obxectivo de achegar á cidadanía a gran labor que executan os voluntarios e voluntarias de toda Galicia así como fomentar a convivencia entre eles/as.

O programa combina diversas actividades como obradoiros prácticos, a sinalización de accidentes, a busca de persoas mediante o uso de drons ou demostracións en incendios forestais, con visitas organizadas para coñecer o patrimonio cultural e natural de Allariz. Ademais homenaxearase a un dos voluntarios máis veteranos da provincia, Juan Miguez, voluntario e responsable da AVPC de Carballiño ao que se dedican as IV Xornadas de Convivencia de AVPC.