O Concello de Allariz presentou, esta mañá no Fogar dos Maiores, a programación dunha nova edición das Xornadas para a Igualdade que terán lugar durante o mes de marzo.

A concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa, e a técnica de Igualdade, Ana Pérez, foron as encargadas da presentación na que explicaron a programación e os obxectivos das mesmas que xirarán, na XIII edición, “no encontro entre homes e mulleres coa fin de fomentar a igualdade, o respecto e a prevención da violencia de xénero”.

O Fogar dos Maiores acollerá, o día 8 de marzo, a inauguración das xornadas co visionamento do documentario que da título as mesmas “Re-Aprendendo a atoparnos…”

Ata o 24 de marzo diferentes espazos da vila acollerán charlas, lecturas, coloquios e obradoiros impartidos por especialistas en sexoloxía, sexualidade e feminismo. Para fomentar a participación, as actividades son gratuítas e os días dos obradoiros haberá servizo de coidado de crianzas.

 

triptico online