Allariz acolle as Xornadas de recuperación de sementes tradicionais

Para evitar a extinción de sementes e produtos tradicionais de alto valor ecolóxico, agronómico e alimentario, os concellos de Verín e Allariz acollen, os días 1 e 2 de decembro respectivamente, as Xornadas deRecuperación de sementes tradicionais.

Destinado a persoas que desexen aprender a facer etnobotánica e descubrir as sementes e plantas do entorno máis próximo, as Xornadas desenvolveranse, a través do proxecto de ciencia cidadá CONECTe: COmpartiendo CONocimiento ECOlógico Tradicional, o sábado 1, de 10 a 14 horas no Salón de actos do Colexio Padres Mercedarios en Verín e o domingo 2, no Centro de Promoción Económica de Allariz.

Para participar é preciso contactar con:

portasabertasvilardevos@gmail.com

Verín-988 98 95 08; Vilardevós-988 41 72 32.

 

2018-12-05T10:03:52+00:00viernes, 23/11/2018|ACTUAIS, MEDIO AMBIENTE, NOVAS ALLARIZ|
X