Allariz acolle, en decembro, a segunda edición das Xornadas do Románico

Os concellos de Allariz e A Bola colaboran coa cooperativa alaricana, Xeitura, na organización da segunda edición das Xornadas do Románico, que terán lugar os días 8 e 9 de decembro en Allariz. Un encontro que busca potenciar o valor o patrimonio románico ubicado no entorno do río Arnoia.

A actividade permitirá percorrer, nun día e medio, ata nove templos románicos cun guía oficial:  as igrexas alaricanas de Santiago, San Estevo, San Pedro e Santa Mariña de Vilanova, a de San Breixo de Queiroás e a de Santa Mariña de Augas Santas, así como os templos de San Jorge da Touza (Taboadela), San Pedro de A Mezquita (A Merca) e San Munio da Veiga (A Bola).

A programación completarase con visitas ao conxunto arqueolóxico de Armea e aos museos alaricanos e inclúe, por unha entrada de 40€ anticipada e 50€ a xeral, acompañamento guiado con guía oficial, o xantar da fin de semana, seguro de responsabilidade civil, servizo de transporte e descontos para compras en diferentes establecementos de Allariz, como Fina Rei, Maruxairas, Fío de Liño, Aira das Letras e Bencomún Espazo.

Estas xornadas servirán, ademais, como explican dende Xeitura, como xerme da creación dunha Ruta do Románico do Arnoia que previsiblemente se estreará en Semana Santa e se realice, de xeito periódico, todos os sábado do verán.

2018-12-11T17:22:18+00:00lunes, 19/11/2018|ACTUAIS, CULTURA, EVENTOS, NOVAS ALLARIZ|
X