O encontro terá lugar no entorno do Arnado, a carón do río Arnoia o os vindeiros días 14, 15 e 16 de xullo.
A participación do colectivo AGAEXAR, colaborador do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, permite que a xornada do venres: “INTRODUCCIÓN Á AVALIACIÓN DE RISCOS EN ARBORADO URBANO” sexa impartida por GERARD PASSOLA, licenciado en Ciencias Biolóxicas, Director de Árbol, Investigación y Gestión, S.L., adicado á investigación e promoción da Arboricultura Moderna.
É a primeira vez que un evento destas características se desenvolve na provincia de Ourense, e o programa inclúe diversos obradoiros, así como actividades para os nenos/as.
venres:
Obradoiro de introdución e avaliación de riscos en arbolado urbano, impartido por Gerad Passola, biólogo e experto en arboricultura
(10,00-15,00 16,00-18,30)
A partir das 22h00, haberá unha proxección sobre a experiencia de trepa na selva (comentado por Rubén Fariña, arborista)
sábado:
O campionato comeza sobre as 8,30 h, 11 parellas en total, tratándose de varias probas sobre as árbores que simulan situacións que poden ocorrer no traballo diario dun arborista.
A partir das 10,00 h simultaneamente Marcos Mariño escultor fará os premios para a parella ganadora con escultura en madeira tallada con motoserra.
10,00 – 13,30 h, haberá unha actividade para os nenos/as, a experiencia de escalar unha árbore.
20,00 h, (tempo estimado depende de cando terminasen as parellas) proseguirá a cerimonia de premios.
Haberá stands con material promocional e música en vivo.
domingo:
Haberá dous obradoiros de técnicos:
- 10,00 a 14,00 h, Obradoiro de rescate con Ropewrench e zig zag a cargo de Laureano Soage e Miki Sanchez (arboristas)
- 15,00 a 19,00 h, Obradoiro de comparativa SRT/DRT, “diferentes camiños mesmos obxectivos”. A cargo de Abel Gutiérrez e Miguel Jofre (arboristas).
No campionato participan varios campións do Estado Español, e varios participantes no campionato Europeo, entre eles Rubén Fariñas (campión de España 2014, celebrado en Cambrills) e Miguel Jofre (campión de España 2017, celebrado en Guadalajara).
As probas foron montadas e deseñadas polos arboristas galegos Adolfo Abraldes e Daniel Rosselló (ambos con experiencia en campionatos españois e europeos) e o seu mentor Alfredo Pereira un dos pioneiros na arboricultura en Galicia.