A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebrará, en Allariz, a súa cuarta reunión. Os días 20 e 21 de outubro falarase do apoio que ofrece o concello alaricano ao rural ademais da plantación de pastos con leguminosas anuais en zonas con sequía estival.

Gandeiros de distintas zonas participarán nunha mesa redonda contando as súas experiencias e o sábado faranse visitas a varias explotaciós.