O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá dende o venres 27 ata o domingo 29 de decembro o I Aberto Internacional de xadrez “Vila de Allariz”.

Ás 15:45h inaugurarase o torneo organizado pola Fundación Ramón González Ferreiro en colaboración co Concello de Allariz e Espazo BenComún, e dirixido por Ángel Ferreiro Estévez e o Club Xadrez Ourense.

Coa idea de que o torneo se consolide e teña continuidade en Allariz, xorde, segundo explica o director do evento,  “debido á inexistencia dun torneo así na provincia de Ourense e con motivo da gran afición que hai deste deporte, con grandes xogadores con premios galegos, estatais e incluso internacionais, como Iván Salgado, David Gómez e Adrián Gómez.”

Trátase dun torneo válido para a clasificación ELO, FIDE e FEDA, no que poderán participar todos aqueles xogadores que estean federados. As inscricións poden realizarse a través do seguinte formulario de inscrición https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe_cweaUKqBf0mSLMLsaIj-KFA9FyX6f7hFnt36Q1N3yQ8IdQ/viewform?usp=send_form