Allariz, e concretamente o Instituto de Secundaria, será o escenario do proxeto “Ser con” da bailarina e veciña de Allariz, Nuria Sotelo.  Este é un dos 19 proxectos enmarcados en Art for Change, financiado pola entidade bancaria La Caixa.

A iniciativa levará a cabo obradoiros de danza, creación musical e audiovisual, ademais da creación dun blog no que se reflictirá o proceso de creación a través de textos e imaxes xerados no obradoiro de creación conxunto. Simultaneamente realizaranse sesións de danza e música cos usuarios e usuarias da Asociación Puzzle, que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. Haberá sesións con persoas maiores dentro da programación que realiza o Fogar dos/as Maiores e unha vez á semana realizarase un obradoiro de creación conxunto como punto de encontro entre todos os colectivos e artistas implicados.