O Concello de Allariz, a Fundación Ramón González Ferreiro e a Reserva da Biosfera Área de Allariz, xunto con Cabreiroá e o Proxecto LIBERA convídavos a un roteiro interpretativo acompañados por un guía naturalista que fará unha interpretación dos recursos naturais observados durante o percorrido en Allariz. A actividade realizarase o sábado 26 de febreiro de 10:00h ás 13:00h no Ecoespazo do Rexo.
Ademais, nesta ocasión, mostrarase como realizar unha caracterización de basuraleza, unha acción de ciencia cidadá que pode achegar valiosos datos para combater este grave problema ambiental. Esta actividade está enmarcada dentro do “Proxecto ORIXE, Facemos camiño”, do Proxecto LIBERA xunto con Cabreiroá.
Para participar nesta actividade deberase inscribir no creo electrónico administración@fundacionrgf.org indicando o teu nome completo e DNI e no caso de ser menor indicar o DNI dun dos pais/nais ou titores. Tamén podes chamar ao 988 433 182 para informarte.