Allariz acollerá a Festa da Empanada do 18 ao 20 de Agosto.

Esta mañá presentouse nos xardíns do Museo do Coiro unha nova edición da Festa da Empanada que se desenvolverá en Allariz entre os días 18, 19 e 20 de agosto. Cristina Cid Alcaldesa de Allariz, Alberto Conde Concelleiro de Cultura, Carlos Puga Concelleiro de Deportes e María López Concelleira de Turismo, contaronnos que este ano o programa comeza co Campionato de Billarda. O venres pola mañá será a quenda da Billarda Infantil a partir das 11:00h e pola tarde a final da Billarda Senior que comezará ás 19:00h. A billarda é un xogo tradicional do que nunca se perdeu a tradición en Allariz e que segue captando adeptos ano tras ano entre as xeracións máis novas.

Xa pola noite, teremos Cinema de rúa coa proxección da película Matria no campo de Vilanova e  ás 00:15 h  é o turno dos máis novos cunha sesión de  Discomóvil Apocalipsis + DJs Markox Gon e Paulo Seoane nos xardíns do Museo do Coiro.

O día 19 de agosto comeza coa XXXI edición do Triatlón Vila de Allariz a partir das 18:00h na Alameda. 150 deportistas federados competirán na proba alaricana que neste ano cumpre 31 edicións . O prato forte da festa chegará esa mesma tarde noite a partir das 21:00h, coas Xornadas gastronómicas de degustación de empanada nos Xardíns do Museo do Coiro.

A música para amenizar as xornadas comezará ás 22:00 co concerto de Catuxa Salom e ás 00:00h cos Monolious DOP.

O domingo día 20 pola mañá pasacalles a cargo da Banda Unión Musical de Allariz. A mesma hora dará comezo a XXXIII Regata de Piragüismo, liga provincial- Copa Deputación dende o embarcadoiro da Alameda.

Ás 12:00h será a quenda do tradicional desfile de xigantes e cabezudos acompañados do grupo de gaitas De Pé Feito cun percorrido dende a Praza de Abastos ata o Campo de Vilanova.

Dende as 11:30h será a Festa Campestre tamén no Campo de Vilanova con entrada gratuíta onde haberá polbo e churrasco.

Como segundo ano consecutivo buscamos a mellor empanada de Allariz, para iso temos o II concurso de empanadas tanto amateur como profesional con 500€ en premios para gastar no comercio local. Para participar consulta as bases en www.allariz.gal/festadaempanada e inscribirse en participa@allariz.gal .

A Banda Unión Musical de Allariz volverá a animar a festa no Campo de Vilanova a partir das 13:00h.

Xa pola tarde ás 18:00h sera a presentación do C.D Allariz cun partido contra o Verín C.F no campo do Seixo. A partir das 19:30h voltará a música da man de A Banda da Loba no Campo de Vilanova e pouco despois Baile popular ás 21:00h nos Xardíns do Museo do Coiro coa

Orquestra Trebol. Para rematar esta gran festa esta mesma orquestra ás 00:00 amenizará a noite nunha verbena que pechará os festexos.

Música, deporte e gastronomía da man nunha fin de semana na que nos locais de hostelería, pastelerías e panaderías haberá venda de empanadas. Unha chea de actividades para desfrutar desta fin de semana de festa en Allariz.