Hoxe presentouse no pavillón municipal de Allariz o Campus Multideporte Concello de Allariz que se celebrará a finais de marzo, coincidindo cas vacacións de Semana Santa dos cativos e cativas, os días 25, 26 e 27 de marzo.

Carlos Puga e Sara Pato, concelleiro de Deportes e a xerente de Ociosaugal respectivamente, presentaron na mañá deste 1 de febreiro a actividade que organizarán as dúas entidades en colaboración.

A práctica de actividade deportiva é fundamental para as crianzas e para o seu desenvolvemento. Por ese motivo, a proposta que o concello de Allariz e fomentar actividades que promovan esta práctica saudable durante a infancia.

Campus multideporte Concello de Allariz realizarase no pavillón municipal, localizado onda o CEIP Padre Feijóo, do 25 ao 27 de marzo en horario de 10:00h ás 13:30h. Para participar nesta actividade os nenos e nenas deberán ter entre 3 e 12 anos, ( nados entre o 2012 e o 2020).

Tamén ofertarán un servizo de madrugadores, se hai un mínimo de demanda, para aquelas familias que o soliciten, con custe a maiores do prezo do campus.

O prezo do campus é de 50€ por neno/a, sendo este premio menor (35€) para os empadroados/as en Allariz.

Carlos Puga, concelleiro de Deportes, sinalaba a importancia de contar con estas actividades para que as familias podan conciliar durante os períodos de vacacións escolares.

Sara Pato, xerente de Ociosaugal , quixo agradecer ao Concello de Allariz a colaboración para desenvolver este campus.

Para máis información sobre a actividade podes consultar a web https://ociosaugal.es/ , na que tamén formalizarás a inscrición ao campus.