O Concello de Allariz  amplía os cobros dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e a taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes ao ano 2021, ata o 9 de abril (inclusive).

O Concello de Allariz procedeu, a partir do día 1 de febreiro e ata o 5 de abril (ampliado o prazo ata o 9 de abril), ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes ao ano 2021.
As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, en horario de oficina de 9:00h a 14:00h de luns a venres.
Forma de pagamento
– Recibos domiciliados: Quen teña o pago dos recibos domiciliados nun Banco ou Caixa de Aforros recibirá no seu domicilio o correspondente xustificante bancario do seu pagamento.
– Recibos non domiciliados: Os contribuíntes recibirán no seu domicilio os recibos que deberán presentar nalgunha entidade bancaria das que neles se citan. Tamén poderá abonarse o imposto a través de internet na páxina web: www.allariz.gal/administracion/tributos.

Os recibos non aboados no período de pago voluntario incorrerán nunha recarga do 5%, 10% ou 20%, segundo proceda, de conformidad eco disposto no artigo 28 da Lei xeral tributaria, Lei 58/2003.