A festa, como viña sendo habitual en anos anteriores, non se celebrará na rúa con motivo da crise sanitaria do covid-19.

A Area de Cultura do Concello de Allariz acaba de convocar un concurso virtual, para non perder a tradición desta cita na que participan tantos nenos e nenas de Allariz. Desenvolverase a través das redes sociais do Concello a través dun concurso.

O concurso consistirá na confección dun maio na casa. Poderá ser enxebre ou artistico, e os materiais permitidos serán os que manda a tradición como madeira, tela de saco, brión, bugallos, xestas ou flores… Tamén se pode participar cun maio con materias que reciclaxe que teñan nas casas.

Con esta iniciativa pretendese animar a veciñanza cunha actividade colaborativa, durante este confinamento, e promóvese a creatividade, ademais de servir de xesto cara á economía local.

Os interesados deberán enviar ao correo de cultura@allariz.com tres fotos do proceso de creación dos seus maio. A primeira foto deberá ser dos materiais que van a empregar, a segunda do proceso de creación do seu maio e a terceira do resultado final. No correo deberán indicar o nome e o número de teléfono e o no asunto Maios 2020. O prazo de presentación será ata o 3 de maio.

Tamén se a anima a todas as persoas que participen no concurso, a que realicen unha copla e a envíen no correo cas fotos do seu maio.

O veredicto do xurado, que estará integrado por persoas que a Area de Cultura designará para este cometido, será emitido o luns 4 de maio.

Os bonos agasallos que se entregarán aos gañadores deste concurso virtual, consistirán en bonos regalo para gastar no comercio local de Allariz. O primeiro consistirá nun bono de 100€, o segundo nun de 80€ e o terceiro nun bono de 60€ para gastar cando retomen a súa actividade normal.

Consulta as bases pinchando aquí ⇓

Bases concurso Maios 2020