Durante os días 6 e 7 de outubro municipios de todo o territorio danse cita en Castellón para pensar en como “Cambiar a alimentación para mellorar o lugar no que vivimos”, tal e como se titula o evento.

O venres celebrarase a primeira edición de premios a proxectos alimentarios locais “Cidades e Pobos que alimentan” os que Allariz se presentou.

Durante os días 6 e 7 de outubro a cidade de Castellón será a protagonista do encontro estatal da Rede de Municipios pola Agroecoloxía, ao que asistirá Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz. Un espazo para poñer en común unha folla de roteiro que garanta o acceso a alimentos sostibles e saudables a toda a poboación á vez que reduce o impacto do noso sistema alimentario no cambio climático. “O sistema alimentario global é vulnerable e ademais contribúe ao cambio climático” explica Jorge Molero, coordinador da Rede de Municipios pola Agroecoloxía. “Esta rede de máis de 20 municipios de todo o territorio axuda a poñer en marcha políticas públicas locais para fomentar a produción e consumo de alimentos saudables e sostibles, e cada ano somos máis”.

Dende Allariz pensamos que son imprescindibles estes espazos como pode ser o Mercado da Reserva en Allariz, para fomentar o consumo de produtos de calidade, de km 0, que asenten poboación no rural e ademais creen postos de traballo”, explica Cristina Cid . O encontro titulado “Mellorar a nosa alimentación para mellorar o lugar en que vivimos” contará con talleres sobre compra pública sostible, distribución e loxística ou dereito á alimentación. Ademais presentaranse os resultados do Informe sobre Políticas alimentarias, reto demográfico e transición agroecológica e celebrarase unha mesa redonda dedicada a pensar boas prácticas en políticas agroalimentarias como instrumentos para abordar o despoboamento, nela participarán Jaime Izquierdo, Comisionado para o Reto Demográfico no Goberno do Principado de Asturias, Itziar Biguri, Alcaldesa de Orduña, Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, César Álvarez, Alcalde de Vegadeo e Ramón Lara, Director Xeral de Consumo e Axenda 2030 da Xunta de Comunidades de Castela A Mancha.

As xornadas concluirán coa primeira edición de premios pola agroecoloxía denominada Cidades e Pobos que Alimentan, unha convocatoria única en todo o territorio convocada polo Consello de Organizacións Sociais da Rede que servirá para visualizar as mellores prácticas e políticas por unha alimentación sostible. Conducirá o evento Rosabel Tavera, xornalista da axencia EFE e entregarán os premios a Alcaldesa de Castelló, Amparo Marco Gual, un representante do Comisionado para o Reto Demográfico do Goberno do Principado de Asturias, Jaime Izquierdo Vallina, o Director Xeral de Políticas Panca para o cumprimento da Axenda 2030, Gabriel Castiñeiras Hernández, Eva García Sempere como representante do Ministerio de Consumo e Vanessa Millán, Concelleira de Transición Ecolóxica do Concello de Rivas. Vicepresidenta da Rede de Municipios pola Agroecoloxía.