Allariz aumenta a súa taxa de reciclaxe, conseguindo superar a media a nivel galego e estatal

A taxa de reciclaxe alaricana, na que se inclúen os residuos orgánicos, vidro, papel-cartón, roupa, aceite ou pilas, aumenta nun 10% durante o 2018 con respecto ao ano anterior. Segundo explica Bernardo Varela,  “a taxa de reciclaxe aumentou en todas as fraccións. Recolléronse 155.000 kilos máis que en 2017”.

O cubo marrón, distribuído no 40% dos fogares a través do programa RE, recolleu 329.893 kilos de restos de comida o que supón un 22% máis que en 2017.

No caso do vidro Allariz é o terceiro municipio galego con 36.56 kilos por habitante reciclados.  En 2018 reutilizaronse 223.400 kilos, 20.870 máis que no 2017.  Os residuos depositados no colector amarelo con 128.760 kilos de plástico (un 9.38% máis) e de papel-cartón con 121.740 kilos  (4%).  Os colectores de roupa, que xestiona a Fundación Humana, permitiron darlle un novo uso a 18.876 kilos de roupa (un 16% máis)

O incremento porcentual máis elevado (un 113%) prodúcese nos aceites, con 2.863 litros reciclados, debido a campaña desenvolvida dende o verán pasado.Un resultado que se agarda no caso das pilas con Ourense Recopila  (800 kilos recicladas en 2018, 600 en 2017).

Sen embargo, os residuos depositados no contedor verde tamén aumentaron “ debido ao incremento da poboación e do consumo” segundo explica o tenente de alcalde e  concelleiro de medio ambiente, Bernardo Varela.  En 2018 foron 1.814.950 kilos (1.950 máis que en 2017)

Estes datos indican que a taxa de reciclaxe alaricana están por riba da media autonómica e estatal. Segundo os datos do Ine con cifras do 2016 a porcentaxe de reciclaxe en Galicia é do 14.8% e a estatal alcanza o 17.4%.

Ademais do beneficio ambiental isto supón un beneficio económico para o concello debido ao aforro indirecto de evitar que todos os residuos acaben no colector verde (Sogama cobra 72 euros por cada tonelada de residuos). Ecoembes abonou 35.778 euros polos envases de plástico recollidos e outros 3.000 pola papel cartón recollido porta a porta.

Para o 2019 os responsables municipais aspiran a seguir mellorando estas cifras, e para elo tratarán de implicar aos grandes produtores.

 

 

 

 

 

2019-02-08T12:30:50+00:00martes, 22/01/2019|ACTUAIS, MEDIO AMBIENTE, NOVAS ALLARIZ|
X