O Concello de Allariz en colaboración co IES de Allariz busca ordenadores portátiles para o alumnado do centro.
O Concello cederá temporalmente ordenadores portátiles ao Instituto de Educación Secundaria de Allariz. Dende o mesmo faise un chamamento a cidadanía por se algún veciño ou veciña contara con dispositivo na súa casa que non utilice, e o quere doar, se poña en contacto co Concello para poder xestionar a doazón do mesmo.
As canles para comunicarse serán a través da páxina de Facebook do Concello de Allariz ou no correo electrónico comunicacion@allariz.com.
Recordamos que tamén se está a traballar en colaboración co CEIP Padre Feijóo de Allariz cun servizo de fotocopias para o alumnado de 3º a 6º de primaria, que de forma xustificada o solicitan.
Poderase pedir a impresión do material escolar no correo electrónico participa@allariz.com indicando o nome do alumno ou alumna e o seu enderezo. Establécese o mércores de cada semana como data límite para enviar as tarefas, e distribuirase o luns seguinte a recepción, o material nas casas das persoas solicitantes a través de Emerxencias Allariz.