Allariz celebra o día 6 de xullo a terceira edición do mercado do Libro Novo e Vello, organizado en colaboración coa Editorial Aira e o coworking BenComún Espazo.
O Mercado, terá lugar na Alameda de Allariz entre as 10:30h e as 20:00h, e nela participarán unha ducia de expositores que ofrecerán as últimas novidades en literatura, cómics, banda deseñada, ilustración, poesía e libro infantil e xuvenil, ademais de venda de libros de segunda man.
Durante a xornada, tamén se celebrarán varias presentacións de libros e os máis pequenos gozarán da actuación do contacontos MOC MOC ás 12:3h.