Allariz acolle esta fin de semana, 12 e 13 de novembro, a vixésimo primeira Feira de Outono.

O evento gastronómico ten por obxectivo promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono. Así, no pavillón do Instituto de Allariz máis dunha trintena de produtores venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros. Haberá unha exposición micolóxica, no Mercado de Produtos da Reserva da Biosfera, e charlas coloquio sobre cogomelos, concursos e demostracións de cociña en vivo e actividades para adultos e maiores. Aademais, os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono.

menus-f-outono

programacion-f-outono-2016