Allariz celebra as festas patronais de San Bieito.

Hoxe pola mañá, Alberto Conde e María López, o concelleiro de Cultura e a concelleira de Promoción Económica, presentaban as actividades programadas para as Festas de San Bieito 2023.

Os actos, organizados dende a área de cultura do Concello de Allariz, comezarán o xoves 6 de xullo e prolongaranse ata o domingo 9 de xullo. Máis de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz neste 2023.

Actividades como música de rúa, orquestras, desfile de xigantes e cabezudos, agrupacións de música tradicional e baile e concertos da Agrupación Musical La Nova de Banyeres de Mariola e a Banda Unión Musical de Allariz, centrarán parte dos actos programados para esta edición . O venres haberá actividades para a cativada, ademais dos actos relixiosos na honra de San Bieito. Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas de Allariz.

A festa rematará, como é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00h dende o Campo de Vilanova.

» Programa Completo da Festa San Bieito 2023