Allariz celebra, do 12 ao 14 de febreiro, a tradicional Festa do Entroido con actividades para pequenos e maiores.

O Entroido en Allariz comeza o luns 12, ás 17:00h, coa Festa Infantil amenizada por un DJ e a Batucada Infantil. E para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza, como xa é habitual, a Cachuchada a partir das 21:30h no Campo da Barreira co acompañamento musical da Batucada Axoúxere de Allariz.

O martes, desfilan as comparsas, co acompañamento musical da charanga os Escachapeitos de Ourense e a Batucada Axóuxere de Allariz. Ás 17:30h as comparsas darán saída dende o colexio Padre Feijóo ata o Pavillón do Instituto onde se celebrará o Baile de Entroido amenizado por un DJ.

Para despedir o Entroido, o mércores terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.

Concurso de Comparsas 

Ata o día 9 de febreiro está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile.

A orixinalidade, a elaboración, a escenificación do disfrace e o acompañamento musical son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas.

As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar aos seguintes premios: 200€, 150€, 100€ e 50€ para os catro primeiros clasificados.

Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.com