A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, un ano máis cun carácter solidario. Debido ás circunstancias sanitarias xeradas pola Covid-19 este ano cambia de formato.

Dende a Concellería de Deportes do Concello de Allariz propoñen un ano máis que despidamos o ano facendo deporte e sendo solidarios.

Onde poderás inscribirte? Deberás anotarte na Piscina Municipal de Allariz a cambio de 1kg de comida dende o 24 de decembro de 2020 ao 6 de xaneiro de 2021.

Quen pode participar?  Calquera persoa, dende os 0 anos.

Que tes que facer para poder participar na Derradeira Solidaria deste 2020? Poderás participar en calquera destas modalidades: nadando, correndo, camiñando, facendo bicicleta ou piragüismo…

O deporte que soes practicar, o que máis che guste e con quen che guste, sempre respectando a normativa vixente.

Comparte con nós imaxes desta edición especial da Derradeira do Ano. Poderás enviar unha fotografía a piscina@allariz.gal co teu dorsal ou subila ás redes sociais co hashtags #DerradeiraSolidariaAllariz2020.

Todas as persoas que participen recollendo o seu dorsal a cambio de alimentos entrarán no sorteo de 20 premios,  10 bonos para as instalación do Padel e de 10 Bonos para a Piscina e o Ximnasio. O sorteo realizarase o 8 de xaneiro entre todos os dorsais participantes nesta edición da Derradeira Solidaria.

Para máis información poderás chamar ao 988 442 083, no correo piscina@allariz.gal ou nas propias instalacións da Piscina Municipal.