Allariz celebra o Nadal cunha programación chea de actividades para todos os públicos.

Entre o 17 de decembro e o 8 de xaneiro veciñ@s e visitantes poderán participar de concertos musicais, teatro, contacontos,monólogos de humor e actividades deportivas como “a derradeira solidaria”.

Ademais, o pavillón do IES de Allariz acollerá unha nova edición do NadalParc. Os máis pequenos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e no espazo reservado para as novas tecnoloxías.