Allariz celebra, do 16 ao 22 de febreiro, a tradicional Festa do Entroido con actividades para pequenos e maiores.
O Entroido en Allariz comeza o xoves 16, día de comadres. A Charanga Achicoria amenizará as rúas de Allariz dende as 20:30h.
O venres 17 de 23:30h ás 01:30h será a Noite de Entroido na Praza Maior cos Djs Marcox e Paulo.
O Domingo 19 ao mediodía a charanga Cubalibre amenizará ata as 14:00h as rúas de Allariz.
O luns 20 haberá actividades para todos os públicos. A Praza Maior acollerá a Festa Infantil dende as 17:30h cos Djs Marcox e Paulo. As 21:30h voltará a Cachuchada no Campo da Barreira. Nos vindeiros días poranse a venda os tickets para asistir a esta xuntanza popular. Ao rematar haberá pasacalles coa charanga El Tattoo dende a Barreira.
O martes, a mediodía, Los Fugitivos realizarán un pasacalles. As 18:00h dará comezo o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas. Space Discomóvil será a encargada de amenizar a tarde festiva en Allariz.
Para despedir o Entroido, o mércores terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20:00h dende a Praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos.
Concurso de Comparsas
Ata o día 17 de febreiro está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no concurso.
A orixinalidade, a elaboración e a escenificación do disfrace son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas.
As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar aos seguintes premios: 250€, 200€ e 150€ para os tres primeiros clasificados.
Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@allariz.gal