Allariz celebrará a vindeiro sábado día 4 de setembro a III Feira dos produtos apícolas. Un evento que tenta consolidarse coma unha das feiras de referencia do sector en Galicia, logo do parón do ano pasado por mor da pandemia.

12 postos de Galicia e Portugal e os apicultores locais formarán un gran escaparate que amosará toda a súa riqueza e diversidade no entorno da Praza do matadoiro (no exterior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10h a 14h e de 17h a 20h.

Na feira poderemos atopar venda de produtos e material apícola. O visitante poderá tamén coñecer unha gran variedade de meles, os diferentes produtos da colmea, como o pole ou o própole e outros derivados da mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola.

A intención da feira é afastarase da idea tradicional de mercado e amosar algo máis que os produtos da colmea. Durante a xornada terá lugar unha actividade de degustación de meles cinco estrelas vinculada ao programa apiturismo de teu xacobeo 2021-2022.

Asociación Galega de Apicultura e Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. O longo do ano AGA e Concello colaboran tamén con iniciativas como o Día da Abella ou  a través de cursos de formación  para o sector. Na presentación do evento estiveron presentes Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo.