A Área de Cultura do Concello de Allariz organiza un ano máis a tradicional Festa dos Maios.

A participación está aberta ao público en xeral e terá dúas modalidades Coplas e Maios.

Para inscribirse tanto na modalidade de maios, na categoría de coplas ou en ambas, enviaranse en formato dixital 3 fotos en formato jpg do maio presentado e unha copia das coplas en formato pdf. O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de abril.

No correo deberán ir os seguintes datos, ademais do indicado antes : nome e apelidos, idade e un teléfono de contacto e remitilas a cultura@allariz.gal indicando no asunto MAIOS 2021.

Para máis información consulta as bases aquí:

Bases do concurso de Maios e Coplas 2021