A área de Benestar Social do Concello de Allariz presentaba na mañá de hoxe esta nova edición da Semana das e dos Maiores. Tania Álvarez, concelleira de Benestar Social e Sonia Paz, técnica responsable da actividade, presentaron as actividades para esta edición das Xornadas de Maiores que terán lugar do 2 ao 6 de outubro.

As actividades comezarán o vindeiro luns, 2 de outubro, coa Andaina saudable pola zona da Ruta da Padela. O martes, día 3 de outubro o salón de actos do Fogar dos Maiores acollerá a charla/obradoiro “Soidade…Boa ou mala compañía?. Esta actividade será conducida pola psicóloga clínica do Chou, Mónica Santos Rivas. O xoves 5 haberá unha saída cultural a Astorga e o venres 6 o salón do Fogar dos Maiores acollerá a presentación do proxecto toponimia: “ A memoria das aldeas” ás 19:30h.

Para asistir ás actividades da andaina e da saída cultural a Astoga é preciso inscribirse no Fogar dos Maiores. O prazo estará aberto dende o luns 25 de setembro ás 09:00h e pecharase o venres 29 ás 14:00h.

Para máis información no Fogar dos Maiores (988 554 059 – fogardosmaiores@allariz.gal)