O Concello de Allariz recorda que como acontece dende o verán do 2020, e como ben reflexa a ordenanza municipal, as feiras en Allariz celébranse todos os sábados agás a do 15 de agosto.
Porén, respectando o acordo co colectivo de vendedores ambulantes que están habilitados en Allariz a Feira do día 15 deste mes mantense fixa, independentemente do día da semana no que esta cae. Desta forma, a semana que vén a feira terá lugar o luns 15 de agosto en lugar do sábado 13.
Lembramos que os sábados tamén está aberto o Mercado da Reserva en Allariz, na Praza do Matadoiro, no que poderás atopar produtos de cercanía da Reserva da Biosfera Área de Allariz e ademais poderás achegarte ao comercio local e a hostalería de Allariz.