O salón de plenos da casa do Concello de Allariz acolleu, esta mañá, o acto de clausura do obradoiro de emprego Reserva da Biosfera II.

Logo de nove meses, os alumnos e alumnas dos concellos de Allariz, A Bola, Taboadela e Vilar de Santos, recolleron os seus diplomas que os capacita para obter o certificado de profesionalidade nas actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinaría.

No obradoiro, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, participaron vinte traballadores cuxa formación centrouse na recuperación e posta en valor de zonas verdes nos municipios enmarcados na Área de Allariz ademais de labores ambientais e de mantemento.